Curri de Altamira (I)
Saturday, July 18th, 2009A vindeira semana temos en Corcubión mercado medieval, no que vamos montar un posto. Para escándalo dalgúns puristas, mesturaremos tomates, vestidos morunos, billas de cervexa, receitas proletarias inglesas vindas das ex-colonias e vender todo como comida punjabi.
Precisaremos 22 kg de peituga cocida, 25 kg de salsa de tomate, 10 kg de cebola, 1/2 kg de curri, 15 kg de arroz basmati e moita paciencia para preparar 600 racións que me van deixar un arrecendo do máis exótico acompanándome até que remate o verán.
E tamén traeremos un viño estupendo da Ribeira Sacra, dunha adega a piques de abrir, cunha mestura de uvas ben curiosa.
