Acerca de min

Ola! son Rodrigo Varela Tabuyo. Sempre desfrutei da cociña: os meus avós maternos tiñan unha charcutería con excelentes productos do Bierzo e de Vilanova de Lourenzá; e o meu pai, debido ao seu traballo, sempre me levou a coñecer lugares onde desfrutar da comida: restaurantes de sona, casas de comidas e tascas de toda a vida.

Non me gusta demasiado as tendencias actuais da cociña e desfruto moito máis diante dunhas xudías con torreznos de cocho feliz que dun menú degustación con aires de grandeza.

Comencei este blog para abrirlle a cociña a unha persoa moi especial, o meu único xeito de seguir compartindo un pouco do meu día a día. Agora sigo porque o paso ben e porque hai xente que sei que sempre está aí. Vai por eles!

Si quieres contactar conmigo, escríbeme a escreve-me[arroba]pormisfogones[punto]eu