New York Cheesecake

Encántame este país. Non entendo a xenreira que esperta en Europa, especialmente na esquerda. Un páis non mantén a súa supremacía económica, política e cultural durante máis dun século porque fora bendecida por Deus, senon porque existe unha sociedade dinámica onde os individuos poden desenvolverse sen o lastre das tradicións ou o peso dun estado abafante. En cidades como Nova York acabaste por contaxiar dun espíritu que anima a probar cousas, a botarse a andar. Eu, como son moi caseiro, fíxeno cociñando un cheesecake nunha slow cooker.

A receita é simples: facemos unha base con galletas Graham Crackers, manteiga derretida e azucre. Mesturamos ben 250 g de queixo de untar, 3/4 cunca de azucre, unha cullerada xenerosa de fariña e zume de medio limón. Engadimos un ovo e remexemos. Repetimos con outro ovo e rematamos cunha xema e unha pinga de esencia de vainilla. Metemos no forno a 180º até que estea case cocida, nese momento onde o centro da tarta aínda treme un pouco cando se move (unha hora, máis ou menos, no forno, tres horas nunha crockpot).

A gastonomía local

A cociña de Nova York é a suma de tantas cociñas como existen no mundo. E esta suma é algo máis que o conxunto de elementos individuais. Unha natureza nova, un espazo reducido e o fornicio interracial crearon pratos únicos e xenuinamente neoyorkinos, como o pastrami ou o Manhattan Clam Chowder. Ademáis, como no Novo Mundo gostan de ser resolutivos e non teñen tantos complexos coma nós, improvisan receitas xeniais cando hai que atender un pedido e a cociña non está preparada. Os Egg Benedict ou o sandwich reuben inventáronse grazas a clientes comendo a deshora.

Eu diría que a comida aquí, e no resto do país, ten sabores sinxelos porque coa produción e distribución de alimentos a gran escala os alimentos perden calidade e é preciso enmascaralo con graxas e azúcares. Boto en falla os sabores máis simples e frescos dunha boa sardiña ou unhas patacas xeitosas pero no canto de protestar e dicir que como en Galicia non se come coma en ningures (mentira cochina, btw), voume tomar estes meses coma unha festa e desfrutar deste Disneyland culinario. O bandullo paga a pena.

6 Responses to “New York Cheesecake”

  1. montrovita Says:

    Mmmm, qué rico; pero a mí una hora ya me parecía mucho para unas galletas que ya están hechas.
    Se parece mucho a la que hace mamá.

  2. María Quintas Alonso Says:

    Me encanta, Rodrigo! Sobre todo cuando ocurre algún percance, aso sí que es animación a la cocina …

  3. Rodrigao Says:

    Montrovita, pois de sabor non se parece: a miña ten retrogustos torrados ;)

    María, moitas grazas! No vindeiro vídeo, rixóns.

  4. adriana Says:

    O outro día nun supermercado de Manhattan topei “caldo galego” …

    http://instagram.com/p/kfBPvPjQNA/

    @hadripv

  5. Ales Manuel Vazquez Says:

    Como me recuerdas ese programs de vTelevision , el de Xose en Londres .. http://goo.gl/L4cS36

  6. Rodrigao Says:

    Adriana, así que somos veciños? :)

    Ales, hehe. O que pasa que eu fago o meu “programa” nun par de metros cadrados.