Um segredo: polo ao sésamo

O curso 90-91 foi o curso do polo ao sésamo, quando Ann e mais eu escapavamos à cidade a comer este prato no quanto de eu estar no instituto. Eram tempos nos que não havia internet e tive de pesquisar livros e livros de receitas. Ao final foi a experimentação, cousa de engadir azeite de sésamo a um molho agridoce para obter o resultado tão buscado.


Polo ao sésamo from Rodrigo Varela on Vimeo.

Ingredientes
Farinha
Sal
Filetes de polo cortado em anacos.

Molho
1/2 colherada de azeite de sésamo
1/2 colherada de azeite de milho ou girassol
2 colheradas de açúcar
3 colheradas de vinagre
100 ml de caldo de polo ou auga.
1 chisco de maizena

Rebozar o polo, fritir ligeiramente em azeite moi quente e reservar. É preciso que o polo quede cru por dentro e rematar a cocção no molho para evitarmos comer uma cousa seca e fibrosa.

Fazer um caramelo com os azeites e o açucar.

Engadir o vinagre e mailo caldo ao caramelo (coidado, que pode saltar) e misturar bem.

Engadir a maicena misturada num pouco de auga, ferver e deixar que espese. Engadir de novo o polo, dar umas voltas durante um 1 minuto e servir numa prata.

Esparexer com semente de sésamo branco torrado. Comer.

Tags: , , , , ,

7 Responses to “Um segredo: polo ao sésamo”

  1. Raquel Says:

    Ola! Quería darche a noraboa por esta aventura entre fogóns que sigo desde o principio e que espero que dure moito tempo. Gústame a cociña, pero non como polo, por iso a piques estiven de non ver o vídeo desta receita. Menos mal, que a salsa de sésamo soaba moi ben e cliquei no play… e Sorpresa! aí estaban dous coñecidos Arturo e Mar e indagando resulta que tamén coñecemos a Fran e a Marga. En fin, que non puiden resistir contarcho e así de paso, darche ánimos para que continúes adiante coas túas receitas!

  2. Rodrigao Says:

    Olá Raquel,

    A receita pode-se fazer com vacuno ou porco, sem problema. Prova e verás como também fica rica.

    O mundo é bem pequeno: Marga é outra dos sócias de Galinus e Fran… pois Fran foi a primeira pessoa que lembro do colégio e tantas outras cousas. Suponho que isto significa que algum dia coincidiremos :)

    Obrigadinho!

  3. Andrés Says:

    Hola Rodrigo:
    La virgen, vas a receta por día. De verdad te digo que creí que colgarías más de vez en cuando. Pero mola mola, esto va genial.
    Tengo un par de quejas (es por decir algo hombre, no son quejas como tal), el caso es que creo que vas muy rápido tío, no me quedé bien con lo del sésamo, ¿por qué se supone que amarga?, ¿qué hay que hacer para que no?.
    Supongo que tengo problemas con mi gallego, pero tranqui que voy mejorando, me ayuda mucho esta página.
    En resumidas cuentas, vuélveme a contar cómo hacer la salsa, de todas formas lo vuelvo a ver de nuevas.
    Un abrazo….

  4. Rodrigao Says:

    Hola Andrés,

    Entre que no vocalizo y lo rápido que voy no sé quién va a ser capaz de seguir el ritmo. Gracias por la observación (bufff! la cantidad de cosas que tengo que mejorar).

    El sésamo se vuelve amargo si lo tuestas de más. Hay que ponerlo en una sartén, sin aceite, e ir removiendo para sacarlo cuando coja algo de sabor.

    No te preocupes con los idiomas, que voy a ir metiendo también en español y ya colocaré un enlace para que salgan todos los vídeos agrupados por idiomas. Esta semana saco uno en español “Ham and Parsley Sauce”, vale?

    abrazos

  5. Andrés Says:

    Ok, gracias. Pero en serio que me encanta tu video blog, es genial.
    Si corres ya te diremos que pares… pero por ahora va de puta madre, las dudas las seguiré preguntando.
    Un abrazo mu grande…

  6. Rodrigao Says:

    Gracias Andrés :D (Nos vemos en breve, si mi segundo sobrino no lo impide)

  7. Montrovita Says:

    Sigo a pensar que deberías poñer o ordenador enriba de algo para non ter que agocharte tanto ao explicar (basta con un par de tomos ou de libros deses de cociña que tes, sempre que estén protexidos para non manchalos de graxa, claro).

    Outra cousas que me terás que preparar, vai collendo forzas, porque xa dentro de nada voute ter cociñando seguido.

    Un bico.

Leave a Reply