Eau de ceps

Tento ter sempre a man uns boletus deshidratados, un comodín bastante útil para salvar moitas desas comidas diarias aburridas por definición.

Buscando inspiración nun dos meus libros de referencia (Cocina, de Jill Norman), atopeina onde nunca mirara: no na auga de hidratar os cogumelos, un caldo moi aromático con máis posibilidades que os propios boletus para aromatizar pratos.

Probei na bechamel dunhas croquetas —metade leite, metade auga—, nun mollo de tomate e nun ossobuco. Pero onde realmente o desfrutei foi dándolle vida a uns champiñóns.

Ingredientes:
* auga de deshidratar boletus
* champiñóns ou outro cogumelo de cultivo outrora prescindíbel
* aceite

1- Salteamos os cogumelos. Salpementamos e engadimos a auga. Deixamos reducir e comemos.

3 Responses to “Eau de ceps”

  1. Qualquer um Says:

    *o auga> a auga (desculpa, mas tinha que escrevê-lo ou rebentava ><)
    Parabéns e obrigado polo blogue!

  2. dorfun Says:

    Vas ter que apuntarte aquí: http://savor.ly/invite

  3. Rodrigao Says:

    Qualquer um: Obrigado a ti. O meu galego está cheo de faltas e son todo ouvidos (ollos, mais ben) para as correccións.

    Dorfun: estás en todas! Apuntado.