Ketchup, a volta
Levo dez días mudado en Fernández Latorre, a rúa máis bonita da Coruña, día e noite saltando da cociña ao ordenador, emocionado por ter unhas compañeiras de piso fantásticas para as que cociñar.
Inauguro esta temporada tentando dignificar o ketchup, que algunha saída tiña que dar a tanto tomate.
Ingredientes
2 kg de tomates
4 cebolas
750 g de mazás
600 g de azucre
750 ml de vinagre
10 grans de pementa negra
10 grans de pementa de Xamaica
10 cravos
1 cullerada de azucre
1- Cortamos en anacos a cebola, os tomates e as mazas. Mesturamos todo nunha pota grande e cocemos todo xunto durante 2 horas.
2- Pasamos polo chino e gardamos en botes esterilizados (15 min no forno a 150º).
Este ketchup sabe moito a ketchup. É dicir, utiliza con moderación. Ah! e deixa repousar un mes, que gaña moito.

October 5th, 2010 at 11:08 pm
¡Qué alegrón, Rodrigo!
Pasaba por aquí, por tustusear en lo viejo, ¡pero infinitamente mejor así!
Tengo superávit de botes para atreverme con el ketchup y llenar de paso una tarde de domingo… de ésas que son una catástrofe si te cogen quieto.
Qué bien que hayas decidido retomarlo, de verdad.
¡Un abrazo!
October 7th, 2010 at 8:33 am
Ei, voltaches? A ver se hoxe vexo o video. Apertas
October 17th, 2010 at 5:46 pm
Hola Ana
Estoy enganchado, soy un exhibicionista. Dale duro a las conservas vegetales, que luego se agradecen mucho durante el inverno. Esta tarde (domingo) me iba a poner a hacer un condimento de moras… ¡pero me olvidé del limón! Bicos.
Pedro, voltei. E haberá máis (non sei se mellor). Cando gravamos un na vosa casa? Unha aperta.
November 15th, 2010 at 2:36 pm
A pesares de ser denostado no eido culinario no nutricional é moi valorado. Seica que polas súas características o licopeno que contén é moito máis absorbible polo organismo humán que os tomates crús ou a salsa de tomate
November 22nd, 2010 at 9:31 pm
Anda xa!! sabías que tamén é un fluido non-newtoniano? eu me pregunto para que carallo servía mecánica de fluidos se non aprendimos a fecer ketchup! aperta!