Bacon, aínda que pareza raxo

O pasado Nadal comenzamos o día cunha discusión que tódolos anos teñen na casa de Ian: o sandwich de bacon, cómese só ou con algún mollo? Ian é partidario de facelo en pan branco, sen torrar e unicamente co bacon. Eu non o teño tan claro e ás veces son partidario de darlle un toque agridoce cun bo ketchup ou chutnei caseiro, como fan no St. John, restaurante do que saquei esta receita do bacon, que podedes atopar no seu libro “Nose to tail eating”.

Ingredientes
- 200 gr de sal
- 300 gr de azucre mouro.
- 2 follas de loureiro
- 6 grans de pementa negra
- 6 grans de zimbro
- 2 litros de auga
- 1 kilo de raxo, co touciño

1) Fervemos todos os ingredientes agás o raxo. Deixamos que enfríe.

2) Metemos o raxo na salmoira e deixamos 5 días.

3) Sacamos, cortamos unhas fatias e pasamos pola grella. Comer en pan de molde caseiro.

O bacon inglés é distinto do que nos venden aquí, con cortes de varios tipos, máis ou menos magros, máis ou menos curados. A receita que aquí vos dou é a de “green back bacon”, tamén coñecido como bacon de Canadá. Non me preguntedes por que.

4 Responses to “Bacon, aínda que pareza raxo”

  1. Tweets that mention Por mis fogones » Bacon, aínda que pareza raxo -- Topsy.com Says:

    [...] This post was mentioned on Twitter by Bacon. Bacon said: Este green back bacon, sacado del “From Nose to Tail” va por @MunduJr http://www.pormisfogones.eu/?p=598 http://bit.ly/axQC0l [...]

  2. Anna Says:

    Nunca he estado más contenta de utilizar el traductor de Google ;)

  3. María Q. Says:

    Que boa pinta!!
    Unha magoa que xa non viva no piso de enriba para facerme invitar …

  4. Rodrigo Says:

    Anna, traduttore?

    María, avisa cando vaias de paseo con Nuno e vos preparo un bocata :)

    Bicos.

Leave a Reply