Carbonara esencialista
Foi un inverno frío, con temperaturas de até 16ºC baixo cero, pachangas de hockey nas lagoas -sempre cun termo de café quente- e moitas noites de esquí nunha pequena estación familiar. De camiño a casa adoitabamos parar no Vila Carlo, un restaurante italiano pequerrecho cunhas lentellas e uns ziti carbonara memorabeis.
Os carbonara posteriores foron estragadas sistematicamente, en casas e restaurantes (sen queixa do primeiro, que o importante é a hospitalidade), con nata, cebola, cogumelos, carne picada e outros aderezos innecesarios. Aquí sigo o camiño contrario, reducindo ingredientes até o mínimo indispensábel: xemas de ovo, touciño crocante, parmesano e pementa. Somente me falta o frío e a compañía.
Ingredientes
Xemas de ovo
Parmesano relado
Pementa negra recén moída
Touciño en tiriñas, fritido até que quede crocante
1) Poñemos a cocer a pasta.
2) Mesturamos as xemas de ovo, o Parmesano e a pementa.
3) Escorremos a pasta, unha vez cocida, e reservamos un chisco de auga de cocción.
4) Botamos a pasta quente nun recipiente, engadimos a mestura do ovos e queixo, o touciño e un pouco de auga de cocción. Remexemos e servimos.
@panepanna recomenda utilizar guanciale, papada de porco curada, mais é difícil de atopar. Tentarei convencer ao meu caseiro para preparar o rocho como sala de curación.

January 25th, 2010 at 3:06 am
SE estivera en facebook clicaría “gústame”!
January 25th, 2010 at 12:35 pm
Qué maravilla. No sé a qué cocinero le preguntaron un día que cuál era su salsa favorita. No dudó en responder, para desconcierto de la entrevistadora, que la yema de huevo.
Cuánta razón.
January 25th, 2010 at 6:13 pm
Moitas grazas, Rosalía. Hoxe fixen de novo e tamén gustou! bicos.
Ana, me parece una gran respuesta. Me la guardo! ¿has probado la tortilla de Betanzos?
February 5th, 2010 at 10:10 am
Roi, esa si que é a auténtica carbonara, e non os sucedáneos con nata e demais. Ademais se a pasta é de boa calidade, está moi boa …
February 22nd, 2010 at 2:33 pm
Pues no he probado la tortilla de Betanzos, pero me la apunto. Mi casa es sede de una destacada facción pro tortilla babosa. Creo que mi madre bien pudo ser betanceira en una vida anterior.