Novo equipamento

Hai dous veráns, o meu pai deume unha Opinel de ferro ao carbono que perdín na praia, cortando bocadillos. Eduardo apareceu coa súa substituta, compañeira nunha excelente saída tardía polos montes de Dumbría, gardada agora nunha das caixas da mudanza. O sábado, de volta de Ourense, atopeime cunha cea de cumpreanos inesperada, Eduardo ocupando o meu lugar na cociña, e cunha nova navalla para cogumelos. Haiche navallas e navallas. Esta pide que utilicemos os extras.

5 Responses to “Novo equipamento”

  1. Pedro Says:

    Eu apuntome a recoller cogumelos o outono que bem. jejejej. Por certo, felicidades un pouco atrasadas.

  2. Rodrigao Says:

    grazas Pedro! terei que preparar unha cesta ben grande, eu o viño e o lacón, ti a túa salada de pasta e tarta de queixo. Apertas desde o Sur.

  3. Gastromaniac Says:

    Que ZUERTE… mi navaja para cogumelos es ma’ s limitadita :-)

  4. Rodrigao Says:

    Bueno… todo se puede arreglar con una salida conjunta; y la cesta, que una sea con tapa y mantel a cuadros.

  5. descalza Says:

    Vou ter que apañar eu unha desas, mola mil!. Bicos

Leave a Reply