Mince Pies do St. John

Hai sabores de infancia, hai sabores de lugares e hai sabores de temporada. Estes pies combina o lugar -Londres- e a temporada -Nadal-.

Non sei se os británicos son flemáticos polo que comen ou se teñen receitas que piden repouso pola súa flema. O recheo do mince pie é unha delas, na que unha mestura de pasas, pel confitada de laranxa e limón, azucre, canela, noz moscada, zumo de limón, coñac e lardo necesita descansar un par de semanas antes de estar no seu punto. Os do St. John son espectaculares.

One Response to “Mince Pies do St. John”

  1. Montrovita Says:

    Así da gusto, qué ganas teño de ir a Londres, pero desta vez, se imos Javier e mais eu, teño ganas de ir sen nenos, para poder ir a cear a ese sitio do que ti e mais o meu marido falades tan ben.

    Moitos bicos dos teus sobriños.

Leave a Reply