Torradas

A miña avoa materna adoitaba comenzar o día fritindo pan reseso en manteiga. Comiámolo con azucre e mollando no café, no que quedaban circuliños de graxa aboiando na superficie.

Este verán convencín a Óscar e Berta, para quen vai adicado o vídeo, para que o probaran así e non con aceite de oliva. Coméronno tódolos días, para a miña alegría.

5 Responses to “Torradas”

  1. Montrovita Says:

    Qué ricos eses almorzos na casa dos avós…

  2. Ana Says:

    Larga vida a los ojos de grasa que flotan en el café con leche…

  3. Rodrigao Says:

    Montrovia, unha mágoa que non nos meteran no corpo o gusto polas papas de millo.

    Ana, larguísima, casi tanto como la de los adoradores de la mantequilla : ]

  4. Montrovita Says:

    Nos últimos anos que estivo o avó Ramón na casa, papá facíallas moito e el animábase tamén a tomalas co avó, pero a min polos ollos xa non me entraban.

  5. Rodrigao Says:

    Iso son prexuizos montrovitas : P

    As papas, en calquera das súas formas (porridge, congee, etc.) hai tempo que deixaron de parecer apetecibeis á nosa xeración. Vai ti saber por que.

    Bicos.

Leave a Reply