De El Caserío me fío… a medias

Para as miñas irmáns e para min este é un sabor de infancia, que comiamos cos spaguetti con mollo caseiro de tomate e bonito. A miña nai non fai a pasta ao dente e sempre vai enchoupada en tomate. Desde pequeno tratei de secar tanto líquido utilizando este queixo como o serrín das tascas. Se cadra Javier, o meu cuñado, non está tan equivocado.

Desconfío de cando as grandes empresas meten os fuciños na alimentanción porque case nunca se fixan na calidade do que comemos. O marketing adoita tirar por outros lados, como nesta ocasión, onde unha magnífica bolsa pode manterse en pé se a axitamos un pouquiño. Ten un premio á innovación. Somente falta escoitar “creatividade”.

Porque é un sabor de infancia…

3 Responses to “De El Caserío me fío… a medias”

  1. Pedro Says:

    Roi, o que pasa e que non axitaches a bolsa como è debido.

  2. carmen alonso Says:

    Pues yo me fio bastante menos desde que ha pasado a formar parte de Rumasa.

  3. Rodrigao Says:

    Pedro, é que non viña con instruccións! e de axitar sei un rato, que teño cocteleira.

    Carmen, no tenía ni idea… pero en mí se debaten mi infancia y el Parmesano, aunque con lo que me dices con la madurez tendrá más peso la segunda (si es que se llega a ella… la madurez, ¡claro!)

Leave a Reply