Dúbidas e xoubas

Aínda que creo que xa sei por onde vou tirar, non teño moi claro como vou chegar ao que quero con isto. O tono sería moi similar ao de Ibán, que descontando os blogs dos meus amigos, é o meu favorito por cercano e anglófilo.

O que cociño neste vídeo non ten nada de especial, en canto a técnica, pero sintetiza o gorentoso en catro ingredientes -xoubas, sal, fariña e aceite- e tres condicións: o peixe pequeno e moi fresco, fritilo e comelo da cabeza á cola e abrir unha botella de viño para beber e comer en boa compañía.

2 Responses to “Dúbidas e xoubas”

  1. Rosalía Says:

    Pois hoxe pouiden cumprir o antoxo (en galego?) de xoubas cocidas -a raíz de velas o outro día na tv-. Fíxenas con coliflor. Todo cocido, todo cocido.

    O que non se me ocorrería nunca é frixilas nun wok…Probarei para coñecer a diferencia no proceso e no padal

    E o do aceite nas patacas… tamén un clásico da miña nai.

    Bo proveito!

    pd. a parte B da cociña reflíctese na porta

  2. Rodrigao Says:

    Rosalía, grazas polo comentario: como ves nun dos vídeos, agora utilizo a parte B :)

Leave a Reply