Tarta de milho com excessos

Primeiro vídeo duma fim de semana metido na cozinha. Creio que tenho que fazer um storyboard antes de começar a gravar porque desta vez no momento de montar comprovei que faltavam cousas por dizer e que foi todo um pouco improvisado.


Tarta de milho from Rodrigo Varela on Vimeo.

Pode que com o tempo também pare de dizer “bueno”, que mire mais à cámara, que vocalize mais e que se me veja a cara…

Eis a receita

- 200 gr de farinha de milho.
- 250 gr de manteiga.
- 250 gr de açúcar.
- 8 xemas de ovo.
- 8 claras.
- 1/4 de vaso de canha (e não 1 vaso!).

0) Quencer o forno a 180º
1) Bater bem a manteiga com o açúcar.
2) Incorporar os ovos e bater.
3) Incorporar a farinha e bater.
4) Incorporar a canha e bater… o braço a estas alturas já deveria doer.
5) Montar as claras a ponto de neve e incorporar suavemente à massa anterior.
6) Botar num molde untado com manteiga e polvilhado com farinha.
7) Meter no forno durante uns 40 minutos.
8) Desmoldar e polvilhar com açucar.
9) Comer

Bom proveito!

19 Responses to “Tarta de milho com excessos”

  1. javi Says:

    Pero que clase tes!! Non sei case nin que fixeches, pero os teus comentarios e xestos batendo a masa son o mellor! Será que botaches máis caña pola gorxa que no recipiente? :p És un crack!!

  2. Rodrigao Says:

    XDDDD canha não: se te fixas há uma copa de vinho sempre cheia ;)

  3. patencia Says:

    Me has recordado a una de mis tartas preferidas en Venezuela: La torta de Jojoto (JOJOTO=MAIZ). La receta era muy distinta, pero tendré que volver a hacerla algún día…

    Por cierto… me encantó ese chupetón-de-dedo a mitad de vídeo :D

  4. Rodrigao Says:

    Imposible no chuparse los dedos con yemas de huevo y azúcar ¡te entran ganas de vestirte de monja!

  5. Montrovita Says:

    Moi rica… en caña. Xa vin que cambiaches a medida na receta, un vaso é demasido!!!

    Quero probala se tanto alcohol, espero por outra…Xa sabes para cando. Voute ter traballando na cociña un bo anaco.

  6. Montrovita Says:

    Suxestión:

    Ti tes unha cociña grande, e tes unha mesa na que, para facer postres, como
    só tes que mesturar ingredientes, penso que o que podes facer é poñer o
    ordnador na mesa e facelo todo alí. Ademáis deberías poñer o ordenador un
    pouco mais alto, apoiado nuns libros ou no que vexas para que non teñas que
    agocharte tanto. Pénsao.

    Un bico.

  7. María Says:

    Hola, Rodrigo!

    Tes un estilo similar ao de Juan de Pablos, sobre todo no video de presentación.
    Logradísimo o nome do teu programa. Mellor será patentalo, porque como se entere algún deses cociñeiros da tele, róbancho seguro.

    Bicos!

  8. María Says:

    Perdón, xa sei que isto non é “un programa”, que é un blog!

  9. Rodrigao Says:

    Montrovita, tens ração e seguirei a provar cousas (uma câmara e um tripode, para empezar).

    María,

    Juan de Pablos? pensei que falavas de Juan Pablo Felipe e me parecera uma comparação algo cruel (já vi em Google quem é).

    Aledo-me de que gostes do nome do programa, que foi discutido durante moitos dias e não me dava decidido.

  10. Pablo Says:

    Parabéns!!! moloume moitisimo a edición do video (utilizas Final Cut pra a edición?)
    Concordo con María no seu comentario de que tes un estilo moi Juan de Pablos presentando o video, espero engancharme tanto o teu blog coma a “Flor de pasión”, hehehehe.
    Apertas.

  11. Rodrigao Says:

    Muitas, Pablo.

    Utilizo iMovie, que vem cos Mac.

    God save your sideburns!

  12. Andrés Says:

    Me falta la parte del final… ¡¡¡¿cómo quedó la tarta?!!!! Supongo que cojonuda, por como te chupaste el dedo.

    Me mola tu blog, me va a costar seguirlo todo en gallego, pero así motiva más, ya que además de aprender a cocinar aprendo otra lengua. Ole mi Rodrigo.

    ¡¡¡ADELANTE CON ESTO TÍO!!!

  13. Rodrigao Says:

    Gracias por los ánimos Andrés y no te preocupes que voy a ir publicando vídeos en español (mañana toca uno). Ya sabes que espero con ganas que nos pongamos a cocinar juntos y que aportes algo de tu experiencia detrás de la cámara.

    Nos vemos dentro de nada!

    p.d. por casualidades de la vida, justamente hace unos minutos me estaba dando una vuelta por vuestra boda, recuperando recuerdos muy agradables de aquel día. Un abrazo.

  14. Rodrigao Says:

    Ah! y la tarta quedó con demasiado orujo… pero bueno, a mi madrina le encantó :D

  15. Dani Cerqueiro Says:

    Eu, que probei a tarta, dou fé de que estaba boa, pero con demasiado orujo. Parecía a versión esponghosa dun café con ghotas ;) .

    Unha aperta.

  16. cris Says:

    unha tarta cañeira (o cociñeiro máis)
    bk

  17. Rodrigao Says:

    Dani, como se nota a viragem ao mundo do marketing :D Deveriamos ir ao cozinheiros de sona para lhes vender o novo “cafe com ghotas esponghoso”.

    Cris, referes-te a que eu também ia empapado em canha? :P

    apertas e bico

  18. CARNICERIA ANTELO Says:

    himos provar a tarta a ver que sale.

  19. Rodrigao Says:

    Sorte! já sabeis que para qualquer dúvidas, estou aqui ao lado :)

Leave a Reply