Breve pausa
Despois dun ano necesito atopar un novo formato. As receitas, aínda que divertidas, non é o que busco. Para min a cociña son as lembranzas da infancia (bocadillos de queixo de Castilla, xudías con torresmos de Lourenzá), viaxes (cazón en adobo e un viño branco de Huelva nun porto de Lepe, bissap nunha vila pesqueira na costa oeste africana), son amigos (media de queixo, medio de xamón, media de orella e unha tortilla pequena) e familia (coello guisado os domingos, tortilla grosa da avoa, tortilla fina da avoa, a suma materna das tortillas, pan de ovo de Carballo, queixo con galletas); e son as sensacións que intento recrear, as novas que vou descubrindo e as imaxinadas que algún día hei de atopar.
De todo isto é o do que quero comenzar a falar aquí, algo que me vai forzar a ser máis coidadoso, a botar máis tempo pensando, producindo e montando. Se desaparezo unha temporada non é que teña abandonado o blog, senon todo o contrario: estarei traballando nel con máis cariño que nunca.
Déixovos os minutos iniciais, preciosos, da película “Comer, beber, amar”. Salvando as distancias, algo así é o que busco.

November 17th, 2009 at 3:55 pm
Está bien lo que dices, tomarse tiempo pero sin parar de trabajar. Verás como al final encuentras lo que buscas.
Por cierto, de nuevo me recuerda esto a Madrid, la película la vi por primera vez contigo y con Paloma, no sé si lo recuerdas. La verdad es que es una película que te marca, imposible de olvidar.
Un abrazo.
November 18th, 2009 at 10:17 am
Andrés, claro que me acuerdo ¡cómo no!
Gracias por los ánimos, pero yo creo que lo que busco me va a encontrar a mí.
Un abrazo, nos vemos pronto.
November 19th, 2009 at 3:01 pm
Bonita entrada; polo sentemento e a información do filme que descoñecía. Intentareino ver esperando que as reflexións sobre liberación animal -que me suscitaron estes minutos- me deixen disfrutalo -ah, si, gozalo que disfrutar non aparece no diccionario xerais da lingua…
Bicos
November 19th, 2009 at 10:54 pm
A película é moi bonita. Terei que baixarlle os subtítulos algún día, que a min o sotaque de Hong Kong non che me entra moi ben : P
E en canto aos animais… mellor non pensar no seu sufrimento, que se non non comemos.
Bicos