1º Aniversario de “Por mis fogones”
Semella que a primeira entrada deste blog fica a un mundo de distancia desta última. Moitos cambios persoais teñen acontecido nestes últimos 12 meses: xente nova, xente vella, algúns viñeron para non voltar, outros nunca voltaron, uns sempre estiveron e tamén houbo que chegou para ficar. Facendo a escolma de material, decateime do moito que quedara no disco duro e do ben que o teño pasado con isto.
As razóns de comenzar a publicar este blog foron as miñas teimas coa comida: a experimentación coas cousas sinxelas, as imaxinadas enchentas da fidalguía galega -capóns recheos de ostras e trufas e empadas de tres lampreas- , a casquería, os mercados tradicionais e un xardín de Epicuro alí onde compartamos mantel os amigos (vale, tamén busco un pegamento, un fío vermello ou unha goma elástica de cor verde, pero iso xa é outra historia). Aínda que non dera coa vía de expresión axeitada para estas cismas, teño por diante outro ano máis para tentar soltarme (esa idea tan chea de significado como baleira de instruccións concretas).
Moitas grazas a todos os que pasades por aquí, esas combinacións de IPs, navegadores, sistemas operativos e camiños de chegada, que algúns identifico e outros non. Seguimos adiante.

October 7th, 2009 at 1:03 pm
¿E logo os teus sobriños?
Falta Grave!!
October 8th, 2009 at 3:25 pm
Parabéns Rodrigo!! Aínda que sempre estea en silencio, podes contarme entre as que pasaron por aquí e xa non marcharon. Ánimos para a nova etapa, xa o cantou a recén desaparecida Mercedes Sosa, “todo cambia…”
October 12th, 2009 at 11:22 am
Enhorabuena por este año, y que sean muchos más.
Suerte en la nueva etapa… Por aquí nos tendrás.
¡¡¡Un abrazo!!!
October 13th, 2009 at 12:28 pm
Ha sido un verdadero GUSTO.
ENHORABUENA y gracias por echarle fogones a la vida durante este año.
Besos
P, from a big town that is waiting for you
October 13th, 2009 at 2:14 pm
Cuñao, teño que remediar isto como sexa. Con Roi xa están apalabradas as galletas de chocolate, con Nicolás… a ver se lle saen xa todos os dentes e lle deixo que lle dea el a volta á tortilla.
Raquel, moitas grazas
espero que cando cheguen os animais alados sigas fiel.
Andrés, intuimos lo que trae la nueva etapa: pan, mucho, mucho pan. Te debo unos cuantos vídeos! Un abrazo.
Patencia, el gusto ha sido mío también, ya lo sabes. Tenemos pendientes más capítulos londinenses. Bicos, from the small village.
October 17th, 2009 at 10:43 pm
Non, todos non. Non me sinto moi agradecida, ou mais ben, non me sinto incluída entre eses “todos”. Nin os teus sobriños, nin o teu cuñado nin eu, que estivemos aló ata que ficahes, aparecemos neste vídeo, probando das túas receitas… tí saberás o motivo, meu irmá. A verdade e que enrtristéceme un pouco ver cómo te esquenceches de nós.
October 24th, 2009 at 1:45 pm
Uxia tiene razón! Y yo tampoco estoy, Rodrigo! Queremos un huequito, queremos un huequito! Bico.
October 27th, 2009 at 10:20 pm
Montrovita, Marta, sooooorry. O problema non é que non vos quixera sacar… é que non teño vídeos vosos!! pero non vos preocupedes que isto ten arranxo: vídeo de Montrovita coas galletas e de Marta coa empanada de xurelo. Bicos.
November 8th, 2009 at 2:07 pm
…cocines donde cocines, tu clase va contigo…
November 9th, 2009 at 9:02 pm
: ) se fora mal pensado pensaría que me estás mandando a ningurés : P