Curri de Altamira (II)

Chegou o día de preparar as primeiras 400 racións. Pensamos que o arrecendo a curri ía chegar até á praza do pobo, mais non foi para tanto. Aínda así, confiamos en que a potencia das especias atraia aos incautos no Mercado Medieval de Corcubión.

Pese ao risos, caras de asombro e expresións de noxo (cociñar tanta cantidade satura, especialmente o polo cocido), asegurámosvos que foi feito con cariño e coidado e que, ademáis, está rico.

Tags: , , , , ,

2 Responses to “Curri de Altamira (II)”

  1. Montrovita Says:

    Cómo foi a experiencia? Gustou o curri?

  2. Rodrigao Says:

    A experiencia foi boa, ainda que dura. Aprendín unhas cantas cousas, entre elas que a xente prefire ás xoubas ao curri. Inclúome neste grupo, que por algo nacín en Vigo e non en Jaipur. Bicos.

Leave a Reply