Xelado de pexego, estilo de Philadelphia

Hai uns anos pasaba unhas cantas semanas na casa de Ann Morss e familia, en Geneseo. Os veráns na zona dos Finger Lakes son calurosos e húmidos e tiran dos Long Iceland Ice Tea e dos xelados. Durante un tempo foran os Ben&Jerry e Häagen-Dazs, até que remexendo na biblioteca atopamos un vello libro de cociña, de onde sacamos esta receita para non voltar aos xelados comerciais.

O único que temos que facer é conxelar pexego en anacos (ou outra froita; cereixa e amorodo, os meus outros favoritos), quencer nata con vainilla e deixar repousar 12 horas, logo enfríar moito e, finalmente, batir todo xunto con zume de limón e azucre (debemos mesturar ben estes dous últimos ingredientes para que non se noten os granos no resultado final).

Como cada vez son máis como unha avoa e cociño a ollo, déixovos as cantidades aproximadas.

- 2 cuncas de froita conxelada.
- 1 cunca de nata aromatizada con vainilla.
- zume de limón e medio.
- Media cunca de azúcre glass.

Se podedes conseguir extracto de améndoas amargas, botádelle unha pinguiña, que cambia moito o conto. Por desgraza, levo anos sen atopar este extracto.

Nen sequera precisamos xeladeira porque batimos todos os ingredientes moi fríos e xa sae o xelado con textura cremosa. É aconsellábel facelo nunha batidora americana.

Cociñar e comer con Ann sempre foi un pracer e teño un montón de boas lembranzas das que destaco os atracóns de sushi, rodeados de traballadores xaponeses nun restaurante dun parque industrial perto de Rochester, e un día de cacería do raposo seguindo aos xinetes pola campiña irlandesa cunha cuña de Stilton e unha botella de viño do Porto, rachando esa regra que di que o Stilton hai desfrutalo ao xeito inglés, sen mulleres. Eu ía con dúas.

Tags: , , , , , , , , , ,

8 Responses to “Xelado de pexego, estilo de Philadelphia”

  1. Dani Says:

    :) )) fantástico!! Ahora me toca a mí repetirlo… antes de que acabe el verano … jejejeje :) ))))

    Muchas gracias!!

    @pintxo

  2. Rodrigao Says:

    Dani, como es fruta congelada, siempre se puede tener una poca para esos días en los que que calor aprieta por sorpresa.

    Cuidado con las batidoras (yo me he cargado dos e dos días haciendo este helado).

    Gracias a ti!

  3. Montrovita Says:

    Paréceme moi ben que facendo o xelado estando nós ahí, non llo deras a probar ao teu sobriño e mais cando lle prometeras facer galletas de chocolate que ao final nin fixestes.

  4. patencia Says:

    ¡LA MULTITRÍO VIVE! ¡Qué maravilla! ¿Qué pasó con la heladera de Young que trajimos con tanto amor de NY?

    El helado se ve buenísimo. Ahora, en Philadelphia puedo decir que en dos años que estuve sólo comí un helado bueno y no era así. ¿Por qué es estilo Philadelphia?

    Me ha hecho ilusión este vídeo. Tanto como comer melocotón.

  5. Rodrigao Says:

    Montrovita, certo… pero fíxenvos unha tortilla ben rica, ou non? e iso ten máis traballo cas galletas ou o xelado. De tódolos xeitos, vou ter pexegos dentro de pouco. Bicos.

    Patencia, la multtrío vive pero está algo tullida. Heladera? qué heladera? yo no recuerdo ninguna … :(

    Lo del Philadelphia-Style http://en.wikipedia.org/wiki/Ice_Cream#United_States

    Melocotones dentro de nada en mi jardín. Si tienes ganas de helado, vente!

  6. rosalía Says:

    Guau!! vou arquivar esta sinxela receita no meu cerebelo! -e pasarlla a colegas para que mo fagan! Estou tan aborrecida dos xeados comerciais…

    Obrigada!

    PD. o venres tomei sushi por primeira vez

  7. Rodrigao Says:

    Rosalía, coidado co anisakis! e esta receita, sendo tan sinxela… non me digas que tes que pedirlla aos amigos!

  8. rosalía Says:

    Eles teñen os intrumentos… e as mans para facelo. Pensaba concretamente nun amigo cando escribín o comentario -creo-. Ah! xa recordo! cómo non lla vou pasar para que a fagan cando me inviten a comer! Soche moi bos cociñeiros!

Leave a Reply