Curri de Altamira (I)
A vindeira semana temos en Corcubión mercado medieval, no que vamos montar un posto. Para escándalo dalgúns puristas, mesturaremos tomates, vestidos morunos, billas de cervexa, receitas proletarias inglesas vindas das ex-colonias e vender todo como comida punjabi.
Precisaremos 22 kg de peituga cocida, 25 kg de salsa de tomate, 10 kg de cebola, 1/2 kg de curri, 15 kg de arroz basmati e moita paciencia para preparar 600 racións que me van deixar un arrecendo do máis exótico acompanándome até que remate o verán.
E tamén traeremos un viño estupendo da Ribeira Sacra, dunha adega a piques de abrir, cunha mestura de uvas ben curiosa.
Tags: cari, caril, corcubión, curri, curry, mercado medieval

July 20th, 2009 at 12:36 pm
¿E cal é que é ese viño da Ribeira Sacra que eu non coñezo…?
Boa idea o do posto… ogalla que respete a choiva…
July 21st, 2009 at 8:19 am
Pena que non concidise esta fin de semana para poder desfrutar dese polo ao curry…
July 21st, 2009 at 9:43 am
Pois é normal que non o coñezas porque a adega aínda non comenzou a vender o viño. Pásate por Corcubión para probalo, oh!
Se non damos vendido as 600 racións, descoida que vas ter oportunidade de comer e comer