Tarta de cereixa e améndoa
Aclaración: pode que recibas esta entrada dúas veces, pero o servidor onde se aloxa este blog cascou e se perdeu esta entrada. Por sorte, a cache de Google permitiume recuperar o que escribira
Estes dous sabores mesturados lémbranme a Holland Park Avenue, cando probei por primeira vez esta tarta, da que gostei moito. A améndoa e as cereixas, aínda que doces, teñen un toque amargo que combinado fan doces merecedores da mesa do Tropicalista máis orgulloso.
Nas vacacións, cando eramos cativos, a mesa do porche enchíase de cuncas con auga fresca e cereixas. A miña irmá Uxía e mais eu pendurabamos os acios das orellas, a modo de pendentes, sen que os meus pais dixeran nada por este xogo tan pouco masculino (tampouco agora se escandalizan cando Roi, o seu neto, lles pide unha cociña como agasallo de Reis). Os recordos da calor, o son repetitivo do aspersor que o meu pai prendía durante o xantar e as cereixas frescas contra a pel son recordos que fan que siga gostando da froita tal cal, aínda que de vez en cando goste de probar receitas como esta tarta.
Ingredientes
- Masa quebrada
- Cereixas sen carabuña
Para a crema de améndoas:
- 65 gr de manteiga
- 85 gr de azucre glass
- 5 gr de maicena
- 85 gr de améndoa moída
- 1 ovo
- 100 ml de nata agria.
1) Forneamos a masa a 180ºC durante 18 minutos.
2) Mentras, nun recipiente grande, traballamos a manteiga en anacos, suavemente.
3) Mesturamos ben azucre, maicena e améndoas e engadimos á manteiga. Remexemos até ter unha masa homoxénea.
4) Engadimos o ovo e volvemos mesturar ben.
5) Engadimos a nata agria e remexemos até que se incorpore completamente. Tapamos e reservamos na neveira.
6) Sacamos a masa do forno e, cando estea morna, botamos a crema. Colocamos as cereixas enriba.
7) Forneamos a tarta durante media hora a 180ºC. Sacamos do forno e deixamos enfriar.
Grazas a Colineta entereime que antigamente as primeiras cereixas comíanse polo San Xoán. Aínda que estas foran cociñadas, fixeron boa compaña ás sardiñas e ás tortillas de tres casas distintas.

July 16th, 2009 at 7:53 am
Si que eran bonitos… e sabrosos eses pendentes de cereixas, e a ti quedábanche moi ben.
Un bico.
July 16th, 2009 at 9:47 pm
Pois si que ten boa pinta a tarta. Como van eses preparativos para o fin de semana que bem? Apertas
July 17th, 2009 at 8:46 am
Sigo prefiriendo el ‘cherry pie’, pero eso debe ser porque mis papilas son un poco más ‘vulgares’. Claramente, esta tarta, como diría mi madre, es más ‘fina’, más English. En cualquier caso, me encanta también. La tuya no la he probado, pero se ve buenísima. Pena que no vengas a Madrid…
July 17th, 2009 at 4:38 pm
Boas. Desculpe a intromisión, que non ven moito a conto, pero é que eu son un cotilla irrecuperábel e vin na miña leira unha ligazón ao seu tuíter, que dicía que estaba a rir co beu blog. Espero fervientemente que rira porque lle fai gracia (esa é a miña intención) e non polos meus gorgoritos. En calquera caso sexa moi benvido.
En canto ao tema do post non me atrevín a ver o Tube; é que me teñen a dieta….. Un saúdo.
July 17th, 2009 at 6:15 pm
Montrovita, pendentes, cociña… non podo crer que non saira decorador de interiores
Un bico…
Pedro, aquí andamos cos últimos retoques. Unha mágoa que non veñades, que a casa ía parecer un campamento de verán.
Patencia, sabemos perfectamente que tus papilas no tienen nada de vulgares (tengo vídeos para demostrar esto). Padel, cocina, vino era un plan estupendo, pero mi verano es de locos. También es una pena que no subas tú por Galicia. Quizá en Londres?
Estimado eSedidió, queda vostede desculpado e eu humildemente gabado por vista de tan ilustre, aínda que hermético no personal, coñecedor das ciencias agroalimentarias.
Rin coa súa fina ironía e chorei ante eses marabillosos touciños, que me fan admiralo doblemente: empresa difícil escribir coa cabeza fría e o bandullo maltratado!