Arrecendos do sur: manteca colorá

Falo do outro sur, o das laranxas, chirimoias, boqueróns e unha afición enorma ás graxas: o touciño salgado para comer con pan, cortado en fatias moi finas; a pasteleria farturenta en manteiga e cousas como as que cociño hoxe: manteca colorá.


Ainda que é un sabor que coñecín con 25 anos, xa o teño grabado na memoria. Había moito, moito tempo que non a tomaba, mais ao facer o confit de porco e virme ese arrecendo tan coñecido, tiven claro como ía aproveitar a graxa sobrante.

Non vou dar a receita exacta, que non sei nen as cantidades aproximadas e isto foi un apaño, pero si unhas indicacións para que vos fagades unha idea do que é.

Nunha pota a lume baixo cócese touciño fresco. Nesta graxa derretida hai que frixir raxo cortado en anacos pequenos, chourizo ou fígado. Bótaselle logo un allos esmagados xunto con pementón doce, ourego e un chorriño de vinagre e se deixa enfriar en recipientes pequenos. Tómase untado en pan, moito mellor se é un mollete de Antequera ou similar. Cun café e zume de laranxa, ben podes pensar que estás no paraíso.

5 Responses to “Arrecendos do sur: manteca colorá”

  1. Montrovita Says:

    Moi rica esa manteca colorá, que además lembranos á viaxe que fixemos a Granada.

    Por certo, os galegos tamén comemos moita graxa!

    Un bico.

  2. Rodrigao Says:

    Pois haberá que ir a Corcubión a coller un tarro, digo eu!

    Creo que quen mais graxa come hoxe en día son os adolescentes, con tanto bollicao, as familias con menos recursos de cidades grandes, os alimentos baratos con moita graxa tamén barata, e as parellas hiperactivas que non cociñan.

    Comer touciño non creo que sexa para estar preocupado, o estrés, comer fora de casa e a industria da alimentación, si.

    Un bico.

  3. delantal Says:

    Está verdaderamente rico, en Vejer de la Frontera (Cádiz) son expertos.

  4. Andrés Bonilla Says:

    Rodrigo, joder, ver este vídeo me ha recordado momentos buenísimos de mi vida, ver cómo disfrutabas de la manteca en el piso de Madrid y cuando me decías una noche que “casi” preferías comértela sin pan, con cucharita tío, como si fueran natillas…ajajajaj.

    En el Starbucks trabajaba un compañero de Écija (Sevilla) y lo hicimos traer molletes y nos hinchábamos de manteca colorá mientras les servíamos muffins congeladas a los clientes. Suerte que la jefa era granaína…

    Joder, tendríamos que hacer una asociación pro-manteca “colorá”, pero que englobara las dos corrientes más extremistas, a los que les gusta con lomo y los que prefieren la “zurrapa”.

  5. Rodrigao Says:

    Delantal, estuve un tiempo viviendo en Granada y también tuve la ocasión de visitar zonas de Almería, Jaén, Córdoba, Huelva, Sevilla, Cádiz y, por supuestísimo, Alhaurín y otros pueblos del Valle del Guadalhorce. La mejor manteca colorá, las malagueñas y gaditanas.

    Andrés, que yo sepa, los granadinos no entienden de manteca colorá (lo más cerca de Granada que pude tomar una tostada de algo similar fue en Loja) y además tienen muy mala follá… tendría la jefa padres malagueños XDDD.

    Crea una página en Facebook de fans de la manteca colorá y considero seriamente dar de nuevo de alta mi cuenta.

    Por cierto, los polacos tienen algo similar: el smalec, muy rico.

Leave a Reply