Provolona ao forno, como uma pizza sem pão

O sábado passado aproveitei a Festa do Queixo de Arzúa para mercar Provolone picante. O italiano do posto deu-me uma receita mui singela, ainda que, sinceiramente, prefiro o queijo em cru com um vaso de vinho.


Provolone ao forno, como uma pizza sem pão

Ingredientes
- Provolone.
- Tomate fresco.
- Ourego.
- Azeite.
- Alho.
- Pementa.
- Pirigel.

Vamos aquecendo o forno a 200º enquanto montamos o prato.

1) Picamos fino o alho e pirigel e reservamos. Este engadido final em cru é para mim o que lhe da o toque especial ao prato.

2) Cortamos o tomate em rodelas e pomos numa prata de forno.

3) Botamos azeite, ourego e pementa por enriba dos tomates.

4) Cobrimos com o provolone.

5) Metemos no forno até que derreta. Se queremos, gratinamos ao final para que colha cor.

6) Sacamos do forno e espargimos com pirigel e alho.

É importante não esquecer o pão e o vinho.

Tags: , , , , , , ,

3 Responses to “Provolona ao forno, como uma pizza sem pão”

  1. Maxa Says:

    Dende logo que boa pinta ten iso!!! A ver se o probo estos días. En canto á festa do queixo…. ¡que envexa! Eu non puiden ir, pero non fago máis que pensar no queixo, je je je… Téñoo decidido, o día que vaia a Santiago ó que sexa (vou raras veces e porque case que me levan á forza, cousas de ter estudiado alí 4 longos anos) voume acercar á queixería a por máis queixo. Todo o mundo me di o mesmo: ¡que bo está! Con dicirche que a imaxe perfecta é a do mozo da miña irmá cando se pon diante do queixo facendo igual ca Homer Simpson diante das rosquillas, je je je. Sempre lle digo, como “catador oficial” dos meus pratos un día destos días vou poñer unha imaxe de Homer Simpson como mostra da túa opinión ja ja ja
    Saúdos dende O Grove

  2. José Luis Louzán Says:

    Boa combinación, o tomate, o queixo as especias… difícil decidirse por un viño… un branco tal vez, algo doce… ou mellor un tinto ven duro, que se “abra camiño” entre a potencia do queixo…
    Un Ribera, Viyuela Roble de 2006 mesmo, ou un Rioja Artuke de 2005. Mandamos os peons en primeira liña a morrer jejejeje…
    Maña haber se damos axeitado unha recomendación no blog…

  3. Rodrigao Says:

    Olá Maxa,

    Estava tão rico que provamos de novo ao dia seguinte, com a cata de queijos variados trazidos de Arzúa (a festa estivo mui, mui bem).

    Já me contarás como vai o teu queijo. Um saúdo.

    José Luis, já vejo que tu também andivestes por Londres. Assim da gusto, oh!

Leave a Reply