Archive for December, 2011

Mincemeat e a inutilidade deste blog

Wednesday, December 7th, 2011

Todos os anos, desde que marchei de Londres no 2008, prométome facer mincemeat un par de meses antes do Nadal para logo ter mincepies.

A mincemeat é unha mestura de pasas, pel de laranxa escarchada, améndoas, azucre, mazá, limón, brandy, pementa de Xamaica, noz moscada e canela. Durante un día hai que remexela cada par de horas e logo metela en botes esterilizados, onde irá gañando sabor co paso do tempo. Disque está no seu mellor momento dun ano para outro, pero ao cabo do mes de envasala xa ten desenvolvidos eses sabores complexos tan particulares.

Ou sexa, que hai que preparar cun mes de antelación e se queredes ter isto para este Nadal, non chegades. Xa imaxinaba que o meu blog non era unha referencia para cociñar e este vídeo confirma a idea. Así que non vou pór nin a receita. Se algún se anima, que mo diga e actualizo.

Ah! case o esquecera: tamén leva sebo, a graxa dura que cobre os riles.