Chanclas, bañador e leite merengado
Wednesday, August 31st, 2011Cando visitaba o sur-sur coñecín o leite merengado, unha larpeirada que horrorizaría ao Dr. Camacho. Non sei cales son os efectos nocivos do leite, azucre, sal, canela, vainilla e limón, pero si os beneficios: un vaso fresquiño nunha mañá de calor abafante arráncame un sorriso por sombrío que teña o ánimo.
E se James Bond tomaba martinis con esmoquin branco, eu tomo leite merengado con chanclas e bañador neste clima subtropical da Ría de Vigo.
Ingredientes
- 1 litro de leite de verdade (de cartón non, que está morto)
- 1/2 baíña de vainilla
- 1 pau de canela e unha cullerada de canela en po
- a pel dun limón pequeno
- azucre ao gusto
- un chisco de sal
1- Cortamos a baíña de vainilla pola metade. Separamos as sementes cun coitelo.
2- Quencemos unha cunca de leite xunto coa canela, pel de limón e vainilla.
3- Tapamos e deixamos repousar 1 hora.
4- Coamos e mesturamos co resto do leite. Engadimos azucre, axitamos e probamos.
5- Cando estea ao noso gusto, botamos un chisco de sal e a canela en po
6- Enfríamos ben. Metemos no conxelador un vaso, onde deitaremos o leite ao día seguinte.
