Archive for October, 2010

18 blogueiros á pota (post promocional)

Tuesday, October 26th, 2010

Actualización vou engadir o tag ‘idiota’ a esta entrada por ter esquecído agradecerlle á César Pernas a súa axuda. Erro grande, moi grande.

Pois si, levo moitas semanas lambendo bits para parir Open Kitchen, unha aplicación de cociña para iPhone, xunto con outros 17 blogueiros -con Pintxo, de El monstruo de las galletas, xerindo o traballo co resto de autores-, Marta Paz e Artur Cousiño no deseño, David Calderón na revisión de contidos, Tonecho Otero na investigación creativa e Verónica Ferrer como responsable de comunicación. Por fin está á venda e quero presentárvola cun vídeo de blogueiros escalfados.

Os autores das receitas e as súas historias son:
Fashion, fusion and food
Con los cinco sentidos
La cuina vermella
Chafardeando en la cocina
Pirata de Ikea
Pasen y degusten
Tentaciones
Coses de Can Loi i altres herbes
Los pecados del monaguillo
A ver qué cocinamos hoy
Con delantal
Mercado Calabajío
A las 3 de la tarde
Recetas de rechupete
Webos fritos
El monstruo de las galletas/
El comidista

Tambén quero agradecer a axuda de José Ramón Fernández Pego, María Quintas, Paula Gómez del Valle Dr. Jesús Fraiz, Violeta Fernández, Cristina de la Torre, Bibiana García Visos (@dabelbi) e Jesse Lichtenstein.

Foi un pracer traballar neste proxecto… que non remata aquí.

Muíño de Fontefría (Arzúa)

Friday, October 8th, 2010

Teño que organizar algo neste muíño. O lugar é precioso e a fariña excelente.