Archive for September, 2010

Ketchup, a volta

Monday, September 20th, 2010

Levo dez días mudado en Fernández Latorre, a rúa máis bonita da Coruña, día e noite saltando da cociña ao ordenador, emocionado por ter unhas compañeiras de piso fantásticas para as que cociñar.

Inauguro esta temporada tentando dignificar o ketchup, que algunha saída tiña que dar a tanto tomate.

Ingredientes
2 kg de tomates
4 cebolas
750 g de mazás
600 g de azucre
750 ml de vinagre
10 grans de pementa negra
10 grans de pementa de Xamaica
10 cravos
1 cullerada de azucre

1- Cortamos en anacos a cebola, os tomates e as mazas. Mesturamos todo nunha pota grande e cocemos todo xunto durante 2 horas.

2- Pasamos polo chino e gardamos en botes esterilizados (15 min no forno a 150º).

Este ketchup sabe moito a ketchup. É dicir, utiliza con moderación. Ah! e deixa repousar un mes, que gaña moito.