Archive for December, 2009

Welsh Rarebit

Monday, December 28th, 2009

Pasei os meus primeiros días en Londres na casa de Noëla e Ben, onde preparei esta torrada de queixo galesa. Fergus Henderson di que sempre foi sobremesa, con vaso de vinho do Porto obrigatorio. É un xeito glorioso de rematar unha comida.

Ingredientes
1 cullerada de manteiga
1 cullerada de fariña
1 culleradiña de mostarda en po
1 chorro xeneroso de salsa Worcestershire
1 chisco de caiena
1/2 vaso de Stout
500 gr de Cheddar curado e relado, ou outro queixo de vaca con carácter, a temperatura ambiente.

1) Douramos a fariña na manteiga até que colla unha bonita cor marrón.

2) Engadimos a mostarda, a salsa worcestershire, a caiena e a cervexa. Mesturamos ben.

3) Tiramos do lume e engadimos o queixo e remexemos até que se derrita. Debe quedar unha pasta lisa e brillante. Deixamos enfriar.

4) Untar sobre torradas de bo pan e dourar baixo o grill. Abre o Vintage.

Os deseños de Noëla

Un día vin unha ligazón no chat e fun curiosear nos seus mandís e luvas de forno. Creo que despois destas festas o que máis me vai prestar vai ser un coxín para botar unha soneca de balea.

Caracolas de ceboleta

Wednesday, December 23rd, 2009

Quen tenha estado en Londres con poucos cartos sabera que o que se fai e caminhar e caminhar. De volta de Irlanda, pasei un dia dando voltas e voltas ate chegar a Chinatown. Nunha tenda atopei caracolas con ceboleta e sesamo que foron a minha salvacion.

My pork pie hat

Monday, December 21st, 2009

As novidades no posto de Ian foron varias: steak&kidney pie, lamb&mint pie, beef pasty e os mince pies que están por todos lados durante o Nadal. Metemos un par deles no forno para comelos con mulled wine, manteiga e viño para combatir os 2ºC á beira do Támesis. Do you like my new hat?

Fry up

Thursday, December 17th, 2009

En Irlanda pasei moita fame. Cobraba cada dúas semanas e ese día aparcaba a miseria almorzando un full breakfast: black pudding, white pudding, beans, tomato, toast, soda bread, salchichas, ovos e patacas fritidas e un bo perolo de té. Ía sempre ao mesmo café, o Kitty Hawk, onde era probable que estivera de humor para escribir unha carta.

Desde aquela, os fry up son pequenas celebracións.

Mince Pies do St. John

Wednesday, December 16th, 2009

Hai sabores de infancia, hai sabores de lugares e hai sabores de temporada. Estes pies combina o lugar -Londres- e a temporada -Nadal-.

Non sei se os británicos son flemáticos polo que comen ou se teñen receitas que piden repouso pola súa flema. O recheo do mince pie é unha delas, na que unha mestura de pasas, pel confitada de laranxa e limón, azucre, canela, noz moscada, zumo de limón, coñac e lardo necesita descansar un par de semanas antes de estar no seu punto. Os do St. John son espectaculares.

Torradas

Friday, December 11th, 2009

A miña avoa materna adoitaba comenzar o día fritindo pan reseso en manteiga. Comiámolo con azucre e mollando no café, no que quedaban circuliños de graxa aboiando na superficie.

Este verán convencín a Óscar e Berta, para quen vai adicado o vídeo, para que o probaran así e non con aceite de oliva. Coméronno tódolos días, para a miña alegría.

Loligo vulgaris ananas sativus

Wednesday, December 9th, 2009

Hai 17 anos compara un libro de cociña chinesa precioso ao que apenas lle dou uso pola dificultade para conseguir moitos ingredientes. Unha das fotografías que máis me gusta é a das “luras ao té de xazmín”, na que o bicho colle unha forma moi peculiar facéndolle cortes diagonais na carne. A miña técnica pouco depurada fai que quede con forma da pel piña. Aínda así, é bonito.

MANIFESTO EN DEFENSA DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS EN INTERNET

Thursday, December 3rd, 2009

“Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que … (more…)

De El Caserío me fío… a medias

Thursday, December 3rd, 2009

Para as miñas irmáns e para min este é un sabor de infancia, que comiamos cos spaguetti con mollo caseiro de tomate e bonito. A miña nai non fai a pasta ao dente e sempre vai enchoupada en tomate. Desde pequeno tratei de secar tanto líquido utilizando este queixo como o serrín das tascas. Se cadra Javier, o meu cuñado, non está tan equivocado.

Desconfío de cando as grandes empresas meten os fuciños na alimentanción porque case nunca se fixan na calidade do que comemos. O marketing adoita tirar por outros lados, como nesta ocasión, onde unha magnífica bolsa pode manterse en pé se a axitamos un pouquiño. Ten un premio á innovación. Somente falta escoitar “creatividade”.

Porque é un sabor de infancia…

Dúbidas e xoubas

Tuesday, December 1st, 2009

Aínda que creo que xa sei por onde vou tirar, non teño moi claro como vou chegar ao que quero con isto. O tono sería moi similar ao de Ibán, que descontando os blogs dos meus amigos, é o meu favorito por cercano e anglófilo.

O que cociño neste vídeo non ten nada de especial, en canto a técnica, pero sintetiza o gorentoso en catro ingredientes -xoubas, sal, fariña e aceite- e tres condicións: o peixe pequeno e moi fresco, fritilo e comelo da cabeza á cola e abrir unha botella de viño para beber e comer en boa compañía.