Pastel de cacao e laranxa para Nicolás
Thursday, November 26th, 2009Sigo a darlle voltas ao formato dos vídeos, sen atopar unha fórmula que me convenza. Parte da culpa tela ti, que me tes dito que che parece ben o que fago, que é moi cercano. Como son voluble de espíritu e feble ánimo, fas que perda toda determinación para buscar novos plantexamentos. Pero tamén son orgulloso, e se dixen que cambio, cambio. Pode que un reality show sexa o que busco porque, no fondo, o meu desfrute na cociña está no día a día. Sigo a darlle voltas…
O pasado 24 de novembro foi o cumpreanos do meu sobriño Nicolás e aproveitamos a ocasión, Roi e mais eu, para prepararlle o pastel de cacao e laranxa de Gordales con guindillas. Esta é unha combinación clásica. Tan clásica, que dan ganas de tomar o afternoon tea.
