Archive for the ‘Uncategorized’ Category

Menos mal que nos queda Portugal

Thursday, November 19th, 2009

Nesta pausa temporal, aproveito para publicar algún vídeo que tiña na reserva. Nesta receita clásica do Miña sur, substitúo o bacallau por bonito.

A banda sonora é de Amalia Rodrigues e é o himno oficioso de Corcubión

A receita podédela atopar no blog da Cocina de Serrats

Breve pausa

Tuesday, November 17th, 2009

Despois dun ano necesito atopar un novo formato. As receitas, aínda que divertidas, non é o que busco. Para min a cociña son as lembranzas da infancia (bocadillos de queixo de Castilla, xudías con torresmos de Lourenzá), viaxes (cazón en adobo e un viño branco de Huelva nun porto de Lepe, bissap nunha vila pesqueira na costa oeste africana), son amigos (media de queixo, medio de xamón, media de orella e unha tortilla pequena) e familia (coello guisado os domingos, tortilla grosa da avoa, tortilla fina da avoa, a suma materna das tortillas, pan de ovo de Carballo, queixo con galletas); e son as sensacións que intento recrear, as novas que vou descubrindo e as imaxinadas que algún día hei de atopar.

De todo isto é o do que quero comenzar a falar aquí, algo que me vai forzar a ser máis coidadoso, a botar máis tempo pensando, producindo e montando. Se desaparezo unha temporada non é que teña abandonado o blog, senon todo o contrario: estarei traballando nel con máis cariño que nunca.

Déixovos os minutos iniciais, preciosos, da película “Comer, beber, amar”. Salvando as distancias, algo así é o que busco.

O pan tamén canta

Monday, November 9th, 2009

Saíu do forno, comenzou a crepitar e imaxinei o son da madeira ardendo, un forno de leña e unha mañá de choiva.

Logo, unha noite en Carral, aprendimos que os panadeiros escoitan cantar ao pan.

Con nova cociña pija e mercado de barrio

Tuesday, November 3rd, 2009

Deixo a comarca de Fisterra para vir unhas semanas á Coruña, ao barrio de Monte Alto, moi perto da casa onde vivín anos atrás.

Terei que afacerme de novo á vitrocerámica e a súas inercias térmicas que me queiman a cebola e me desfán os cachelos, aos guisos de choupa, ás meigas, ás derradeiras tascas que aínda ofrecen tapas de tripa. E matarei a morriña indo ver como medra o romeu e a framboeseria de Toba.

Chutney goes to Hollywood

Friday, October 23rd, 2009

Vivía naquela vila esquecida da costa norte irlandesa desde había 5 meses e tentaba sobrevivir cos poucos cartos do único traballo de media xornada que atopara. Compartía pisos con outros inmigrantes, borrachos de soldo en especias ou aforradores envilecidos pola ilusión dunha vida mellor. El simplemente tentaba fuxir do seu fracaso, pero a distancia facía de lente de aumento e non do muro de pedra que esperara.

A lapa do fracaso, a fame e o frío entumecía a súa mente e ficaba horas ollando para programas de cociña na televisión. No salón, coa lareira sempre apagada, tentaba quencer o corpo coa pucha de lá, a manta, dous pares de calcetíns de montaña e té barato; e quencía o alma coas receitas de Delia Smith e Nigella Lawson.

O inverno irlandés frío, húmido e escuro, o auga-neve, o arrecendo da turba, os menús de supervivencia de leite e donuts de oferta e as curvas de Nigella encheron o seu imaxinario de grandes banquetes anglosaxóns (porque, aínda que estando en Irlanda, a colonización cultural era evidente). Entrefechaba os ollos, botaba a cabeza para atrás e imaxinaba unha lareira ao carón dunha mesa ateigada de Cheddars, Stiltons, Caerphillys, Eccles cakes, pork pies, potas de ferro enchidas de Lancashire hot pot, pan de soda, pan de centeo e pan branco; clotted cream, marmeladas de laranxa, xenxibre e figos confitados; viños amontillados, champañas e sidra seca de York; amorodos e cereixas de Kent e crumbles de abruños e rubarbo con crema inglesa. Con cada programa, esa mesa íase agrandando para dar cabida a novos pratos.

Aquel día especialmente triste, sen recibir correo postal, sen recibir correo electrónico, Delia Smith explicaba como facer o mellor chutnei do mundo con ameixas amargas, cebola, vinagre, allo, azucre, zimbro, canela, pasas e xenxibre. Este mollo agridoce, que precisaba repouso de meses para amansar o vigor do vinagre e atopar a harmonía entre os seus ingredientes, cautivouno. Se cadra porque á súa personalidade bipolar acaíanlle perfectamente as receitas con ingredientes tan contraditorios como o allo e o azucre.

Pechou aínda con máis forza os ollos, desexou estar a miles de kilómetros de alí e prometeuse facer chutnei de ameixas á primeira ocasión que tivera para compartir aquela mesa imaxinada naquel inverno gris do Condado de Donegal.

* se che interesa, a receita deste chutney está na web de Delia Smith.

Fechado por vacacións

Tuesday, August 4th, 2009

Volvo en setembro… aínda que isto de comenzar nunha cociña dun restaurante non sei canto tempo me vai deixar para gravar vídeos.

¡Salud!… aunque sea bebiendo demasiado vino

Monday, March 30th, 2009

De nuevo en Londres, un año después, me veo recorriendo los sitios habituales, parando en los mismos locales, retomando casi todas las viejas costumbres.

Paloma y yo teníamos intención de cocinar algo, pero el vino nos lo impidió, así que aprovechamos una botella de Riesling y un poco de Montgomery Cheddar y Coolea para brindar por los que no estaban: María, Alberto y Marcus.


Salud!

Beringelas em escabeche

Tuesday, March 3rd, 2009

Como temos um vegetariano dous vegetarianos no obradoiro de queijos desta fim de semana e para não cair em tópicos culinários, decidi provar esta receita argentina de beringelas em escabeche. E tanto vinagre há server também aos carnívoros a baixar o excesso de graxa e proteína do churrasco.


Beringelas em escabeche

(more…)

♫ Mestre de Culinaria

Friday, January 9th, 2009

Levamos um par de dias no trabalho a escutar a Quim Barreiros, botando uns risos e pensando em montar uma plataforma para o trair no Dia da Festa. Há uma canção da que gosto especialmente, que disse

“Sou solteiro e bom rapaz
vivo num apartamento
ainda sou muito novo
prá pensar em casamento

Convido minhas amigas
prá comer e prá dançar
mas demoro muito tempo
a preparar o jantar

Eu sou mestre de culinária
e sei enfeitar a travessa
vou comprar uma panela de pressão
para ver se eu cozinho mais depressa

Sei que sou bom cozinheiro
aprendi com a Isabelinha
mas confesso que me faltam
utensílios de cozinha

Todas me dizem o mesmo
que jantar delicioso
quem tem fome desespera
pois sou muito vagaroso”

Dançar, não danço muito, mas sim sou solteiro e pode que bom rapaz.

O brioche que quis ser rosca de reis e quedou em fracasso

Monday, January 5th, 2009

7 ovos, manteiga, sal e um kilo de farinha em forma de ladrilho. Pêro de todo aprendemos e com este intento experimentei o lado mais líquido das massas, perdendo o medo ao brioche e a ciabatta.


O brioche que quis ser rosca de reis e quedou em fracasso

(more…)