Archive for the ‘Uncategorized’ Category

Fin Pausa

Friday, May 7th, 2010

Hai tempo que este blog perdeu o seu sentido. Quedan no caixón moitos vídeos sen editar: taller de pasta de Panepanna, gâteau basque enviado desde Polonia, pasta con beurre noisette e xarxa crocante, a manteca colorá de El Amasadero… pero o corpo pídeme agora máis intimidade e concentrar a atención noutros proxectos, limpando os recunchos da cabeza de cousas que nen suben nen baixan, coma esta.

Espero que desfrutárades.

Abur.

Bacon, aínda que pareza raxo

Tuesday, March 30th, 2010

O pasado Nadal comenzamos o día cunha discusión que tódolos anos teñen na casa de Ian: o sandwich de bacon, cómese só ou con algún mollo? Ian é partidario de facelo en pan branco, sen torrar e unicamente co bacon. Eu non o teño tan claro e ás veces son partidario de darlle un toque agridoce cun bo ketchup ou chutnei caseiro, como fan no St. John, restaurante do que saquei esta receita do bacon, que podedes atopar no seu libro “Nose to tail eating”.

Ingredientes
- 200 gr de sal
- 300 gr de azucre mouro.
- 2 follas de loureiro
- 6 grans de pementa negra
- 6 grans de zimbro
- 2 litros de auga
- 1 kilo de raxo, co touciño

1) Fervemos todos os ingredientes agás o raxo. Deixamos que enfríe.

2) Metemos o raxo na salmoira e deixamos 5 días.

3) Sacamos, cortamos unhas fatias e pasamos pola grella. Comer en pan de molde caseiro.

O bacon inglés é distinto do que nos venden aquí, con cortes de varios tipos, máis ou menos magros, máis ou menos curados. A receita que aquí vos dou é a de “green back bacon”, tamén coñecido como bacon de Canadá. Non me preguntedes por que.

A empanada do mínimo común múltiplo

Wednesday, March 24th, 2010

Sempre pensei que até que fora capaz de facer unha boa empanada non podería considerarme un bon cociñeiro. A miña primeira proba fora na universidade, tentando impresionar a un dos mitos eróticos da nosa facultade, con ingredientes pouco comúns e máis fogos de artificio que esencia culinaria. Foi un fracaso e non volvín tentalo até que atopei unha situación aínda peor: en Estados Unidos. Por se non abondara a falta de experiencia do cociñeiro e dos comensais, decidín facela de bacallau, amarelo e cheirando a amoníaco. Segundo fracaso.

Non foi até hai ben pouco que comencei a dominar a técnica, que podo resumir en cariño, paciencia e uns poucos ingredientes de calidade.

Ingredientes
Masa
- 1/2 vaso de auga
- 1/2 vaso de aceite de fritir as cebolas da zaragallada
- 1/2 vaso de viño branco
- 4 vasos de fariña
- sal.

Zaragallada
- Moitas cebolas (se sobran, gárdanse nun tupper)
- Bacallau, bonito, zamburiñas ou croques.
- sal e aceite

1) Comenzamos fritindo a cebola coa paciencia dun santo, sendo xenerosos co aceite. Esquence o reloxio e fíate da cor da cebola, que debe quedar moi dourada.

2) Cando a cebola estea douradiña, sacamos do lume, reservamos medio vaso de aceite para a masa e engadimos a tallada. Tapamos e repousamos toda a noite, nós e a zaragallada.

3) Ao día seguinte mesturamos os ingredientes da masa e traballamos pouco.

4) Despois de repousar un anaco, estiramos o máis fina que poidamos.

5) Poñemos a lámina de masa sobre unha prata de forno, engadimos a zaragallada e tapamos con outra lámina de masa. Decoramos con tiras e o anel central e pintamos co aceite.

6) Metemos no forno, a 180º, durante 40 minutos.

Debe de sair estresada esta empanada do forno, á que lle cae ben outro día de repouso. Recoméndase gardala nun sitio incómodo, onde sexa difícil ir cortar un anaco.

Van tres, pero coma se foran 20: III Tapas&Blogs

Monday, March 1st, 2010

En febreiro celebramos o III Tapas&Blogs e se utilizo a primeira persoa do plural, aínda que non sexa máis que a segunda vez que vou a esta reunión de blogs gastronómicos, é porque me sinto coma na casa.

Non adoito levar cámara para documentar estas xuntanzas. Prefiro relaxarme e desfrutar do viño, da comida e da compañía. Por sorte, Carlos, de “A ver que cocinamos hoy”, si levou:

Dani, de El monstruo de las galletas e o noso paisano Alfonso, de Recetas de rechupete, levan o peso da organización, deixando noutras mans certas propostas, como a cata de aceites de Hechizo andaluz no Vino y Oliva, organizada por Raquel, de “Sinestesia gastronómica” ou o vindeiro obradoiro de sushi con Rocio&Rocio, as fabulosas “Gastronomanic”.

Algo metín os fociños nesta ocasión, con motivo da miña participación na Festa do Queixo de Arzúa, cando suxerín levar queixo de Arzúa-Ulloa, onde Dani víu o complemento perfecto para o seu membrillo de Santa Teresa. Un consultor diría que o Tapas&Blogs favorece as sinxerxias… ¡como non! se é que somos un grupo aberto de entusiastas da gastronomía con ganas de facer cousas.

Non vou facer crónica do comido e do bebido, que hai crónicas abondo. Para min este Tapas&Blogs foi acerca de:

“¿quién carga con los 30 kg de queso?”, con Dani.

“Vaca vieja o buey?”, con Íñigo, Carlos e Alfonso.

“Mrs King’s Pork Pies, Borough Market y el St. John”, con Mikel e Íñigo.

“¡Mi vino!, ¡se han llevado mi vino! ¡agarra fuerte tu copa!”, con Rocío.

“¿Daniel Melingo? mi mujer es muy amiga de Daniel”, con Marcelo.

“It’s in the vault!!”, con Marta.

♫, con Alfonso.

“Jiji-jajá agencia de comunicación. ¿Es usted blogger?”, con Dani.

Madrid, día 2

O venres xantamos xuntos Dani, Xavier de la Maza -da empresa de marketing online e gastronomía DeliFunArt-, Isabel Ortiz -de Mumumío, o directorio de tendas independentes de alimentos de calidade- e eu. Paixóns comúns, perfís profesionais complementarios, boa sintonía… nin o viño horrible foi capaz de estragar o xantar.

Rematei o día cunha cea no chino subterráneo da praza de España (o blog é de Andoni, outro dos socios de DeliFunArt, que, como vedes, toman moi en serio as cousas do comer), con Claudia e Javi. Que máis podo pedir?

Listaxe de blogs participantes no Tapas&Blogs:
Recetas de rechupete
El monstruo de las galletas
Gastromaniac
La barriga del glotón
A ver que cocinamos hoy
Directo al paladar
Sinestesia gastronomica
Cocina con encanto
Celina catering
Trends people
Por mis fogones
Umami Madrid
Estoy hecho un cocinillas
Sé cocina
Velocidad cuchara
Ondakin
Honey bunny
Cuadernos de cocina oriental
Thermomiss
Eating Madrid

p.d. Na cea puiden coñecer a Mikel, de Ondakin, ante quen saco o chapeu (a súa anotación sobre os ovos encapotados é gloriosa).

Pausa forzada

Wednesday, February 3rd, 2010

Aggg, aggg… febreiro está a ser de tolos, cun proxecto relacionado coa gastronomía bastante importante para min, e outras entregas tamén importantes porque axudan a pagar as facturas. Os traballos son bonitos, ben pagados e absorbentes, tamén tento facerme habitual no Tapas&Blogs e ando a darlle voltas á manivela dunha aposta moi forte na que me xogo un montón.

Cóntovos isto porque é de mala educación convidar a alguén e desaparecer sen avisar. En canto remate este mes de lúa chea de catro semanas, volvo con vídeos. Mentres, a desfrutar!

Vémonos axiña.

Como facer pan, con Ibán Yarza

Thursday, January 14th, 2010

Tiña unha débeda pendente con Euskadi, onde somente estivera apenas un día, e levaba tempo querendo coñecer en persoa a Ibán e á xente de DeliFunArt; e como a ocasión perfecta dábase no curso de panificación artesanal que ía dar Ibán en Donostia, animeime, pese á malleira de viaxe. Todo saíu estupendamente: traxecto moi agradable en tren, paseo nocturno pola cidade con Adur e Egoitz, curso matutino con Ibán, os viños posteriores con Andoni, Nacho, Xavi, o propio Ibán, Ainara e (actualización) Karmele, e visita a Dimas en Bilbo, con máis viños e pintxos.

No vídeo non se aprecia todo o que fixemos, pero asegúrovos que os cursos son entretidísimos. Paga a pena.

My pork pie hat

Monday, December 21st, 2009

As novidades no posto de Ian foron varias: steak&kidney pie, lamb&mint pie, beef pasty e os mince pies que están por todos lados durante o Nadal. Metemos un par deles no forno para comelos con mulled wine, manteiga e viño para combatir os 2ºC á beira do Támesis. Do you like my new hat?

Torradas

Friday, December 11th, 2009

A miña avoa materna adoitaba comenzar o día fritindo pan reseso en manteiga. Comiámolo con azucre e mollando no café, no que quedaban circuliños de graxa aboiando na superficie.

Este verán convencín a Óscar e Berta, para quen vai adicado o vídeo, para que o probaran así e non con aceite de oliva. Coméronno tódolos días, para a miña alegría.

Loligo vulgaris ananas sativus

Wednesday, December 9th, 2009

Hai 17 anos compara un libro de cociña chinesa precioso ao que apenas lle dou uso pola dificultade para conseguir moitos ingredientes. Unha das fotografías que máis me gusta é a das “luras ao té de xazmín”, na que o bicho colle unha forma moi peculiar facéndolle cortes diagonais na carne. A miña técnica pouco depurada fai que quede con forma da pel piña. Aínda así, é bonito.

MANIFESTO EN DEFENSA DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS EN INTERNET

Thursday, December 3rd, 2009

“Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que … (more…)